O Concello da Guarda publica dous vídeos titoriais de decoración para o Nadal
Entre a variedade de propostas do Concello da Guarda para esta campaña de Nadal, destaca o programa “Decora o teu Nadal”. Esta iniciativa convidou ás asociacións culturais, sociais e deportivas e ás comisións de festas a colaborar na organización e decoración urbana da Guarda neste Nadal 2016.
Entre a variedade de propostas do Concello da Guarda para esta campaña de Nadal, destaca o programa “Decora o teu Nadal”. Esta iniciativa convidou ás asociacións culturais, sociais e deportivas e ás comisións de festas a colaborar na organización e decoración urbana da Guarda neste Nadal 2016.
Á súa vez, o Concello lanza xunto cos comerciantes da Guarda que se quixeron sumar, unha campaña de Nadal que inclúe varias actuacións. Entre elas, está a busca dun elemento decorativo común para o comercio e para os veciños da Guarda, co cal lograr que a vila luza un adorno común este Nadal.
Así, o sábado 26 de novembro se realizará un obradoiro na Casa dos Alonsos para facer este adorno en conxunto. Os comerciantes que queiran participar nel poden facelo achegando o material ou solicitándoo, previa inscrición. Para os veciños, este obradoiro tamén estará aberto, pero achegando cada un o seu material.
Ademais, o Concello da Guarda vén de publicar hoxe dous vídeos titoriais coas instrucións oportunas para quen queira facer o adorno e non poda acudir o día 26 ao obradoiro.
Nestes vídeos Maite Lomba, interiorista de Agarimo Interiores e a persoa encargada de impartir o obradoiro, explica como realizar unha sinxela decoración con pouco diñeiro, tempo e esforzo. O vídeo pódese ver na páxina de Facebook de Cultura da Guarda e haberá tamén un enlace a el na páxina web do concello, www.aguarda.es. Deste xeito, non hai escusa para quedarse sen decorar as casas e os establecementos da Guarda e poñer, se cabe, aínda máis fermosa a vila nestas datas tan sinaladas. Anímate a colaborar, A Guarda é cousa de todos.
TITORIAL UN ADORNO PARA O NADAL GUARDÉS
1ª PARTE
2ª PARTE