Rematan as obras de mellora do entorno do Parque de Laxe Grande na Guarda
Fai uns días remataron as obras de mellora do entorno do Parque de Laxe Grande da Guarda, unhas obras que incluíron a reposición do firme e da area do parque infantil, reparación dos camiños interiores, reparación da fonte e do seu chafariz e substitución integral da balustrada de pedra. Tamén se reubicaron os contedores da recollida do lixo, saneando este espazo de lecer público.
Estas obras veñen a mellorar un dos espazos públicos do noso municipio, aportando tamén novas medidas de seguridade cunha nova balustrada en pedra, máis segura e firme que a que existía até o de agora.
Este venres o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, visitaron este parque para comprobar o remate destas obras, amosando a súa satisfacción ante o resultado final, que ven a cumprir coas demandas dos veciños para este espazo público.
Tag:A Guarda, laxe grande, mellora, Obras, Parques