Últimos días para inscribirse no Campus de Tecnificación Deportiva da Guarda
Continúa aberto o prazo de inscrición para anotarse ao Campus de Tecnificación Deportiva da Guarda, que rematará o vindeiro martes 28 de xullo.
Continúa aberto o prazo de inscrición para anotarse ao Campus de Tecnificación Deportiva da Guarda, que rematará o vindeiro martes 28 de xullo.
Este é un Campamento dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2002 e 2009, ambos incluídos, que se realizarádentro das instalacións do CEIP A Sangriña. O Campus comezaráo luns día 4 de xullo e durará ata o mércores día 13 de xullo. O horario do mesmo será de mañá, dendeas 9,30 ás 13,30h.
O prezo do Campus é de 60 euros e entre as diversas actividades que nel poderán realizar os rapaces e rapazas destacan a mellora técnica de baloncesto, fútbol sala e voleibol, como actividades principais. Ademais se practicarán outros deportes como o pádel e diversas actividades complementarias, así como competicións a través de xogos deportivos.
As familias dos nenos e nenas terán unha presentación do Campus o sábado 2 de xullo ás 10h na Sangriña. E todo os que desexen inscribirse poden descargar a Ficha de Inscrición e a Autorización que atoparán na páxina web do Concello da Guarda http://aguarda.es cubrilas e entregalas no Concello no Departamento de Deportes ata o día 28 en horario de mañá. Unha vez rematado o prazo, a partir do mércores 29 de xuño, o concello da Guarda porase en contacto cos participantes para a realización do pago.