Unha peregrinación de 195 portugueses pasan pola Guarda no seu camiño a Santiago de Compostela
Os peregrinos foron recibidos polo alcalde guardés, Antonio Lomba, e desfrutaron dunha parada gozando das vistas que presenta o porto da vila
O sábado, 16 de xaneiro, chegou á Guarda unha peregrinación de 195 portugueses de Porto e arredores. Estes peregrinos, no seu camiño ata Santiago de Compostela por etapas, fixeron o traxecto que separa a vila guardesa e Oia.
Os case douscentos camiñantes comezaron a súa peregrinaxe collendo o ferry que une Caminha coa Guarda. Á chegada a localidade os esperaba o alcalde guardés, Antonio Lomba, quen quixo darlles a benvida e non dubidou en desexarlles un bo camiño.
Os peregrinos percorreron a ribeira do Miño ata a desembocadura e a Senda Litoral ata chegar ao porto, onde gozaron dunha parada de reagrupamento gozando das vistas que presenta para continuar coa súa andanza. Dende este punto seguiron a súa viaxe ata Oia.