Uns desaprensivos rouban os columpios das Loucenzas
Fai uns días o Concello da Guarda denunciou diante da Guarda Civil a desaparición dos columpios na zona recreativa das Loucenzas. A falta dos elementos foi detectada polos servizos municipais nunha inspección rutinaria e comunicada de inmediato ó concelleiro de Servizos.

O Concello da Guarda apela á colaboración cidadá para manter os espazos e mobiliario público e lamenta moito este tipo de incidentes que, se supón, serán cousa duns desaprensivos. É pouco o beneficio que se pode obter duns columpios e é moito o dano que se provoca a veciños e visitantes da vila. Neste caso en concreto, ós usuarios desa instalación, que non deixan de ser nenos e nenas
.