Obradoiro de Adornos de Nadal o xoves e sábado na Guarda
Este xoves día 13 de decembro a Sala de Exposicións da Casa dos Alonsos da Guarda acollerá un Obradoiro de Adornos de Nadal en horario de 15:00h a 18:00h, adicado especialmente aos comerciantes da vila, para ca confección dun adorno especial para os seus establecementos.
O pasado Luns publicouse o Vídeo do Obradoiro de Adornos de Nadal, elaborado pola deseñadora e experta en escaparatismo Patricia Maquieira Franco, no que se explica como serán os adornos de Nadal que se realizarán nos dous obradoiros que terán lugar esta semana os días xoves 13(en horario de 15:00 a 18:00h) e sábado 15(de 16:30h a 18:30h) de decembro na Casa dos Alonsos.
Dende a Concellería de Comercio anímase a todos os comerciantes e empresarios da vila a participar nestes obradoiros.
Materiais a empregar:
• Tesoiras
• Pistola e barras de silicona
• Rotuladores
• Fotocopia modelos
• Telas
• Fieltro
• “Saquito” de tela de saco
• Bolsas
• Paquete de lentellas
• Piñas, ramas, eucalipto.
• Brillantina
• La
• Lazo
Ver video máis abaixo…