Xornada de limpeza costeira o domingo 18 de outubro
O vindeiro domingo día 18 de outubro o Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente e a Asociación O Buxeiro, organizan unha xornada de limpeza da costa.
A actividade ten como obxectivo tanto sensibilizar en materia de xestión de residuos, evitando que o lixo permaneza nos ecosistemas costeiros e se desprace duns ambientes a outros.
Non é preciso inscrición previa, tan só é preciso achegarse ata a Alameda da Guarda ás 9:00h da mañá, onde se realizará o reparto de material(luvas e sacos de lixo para a recollida) e se organizarán os grupos(máximo 4-5 persoas) para desprazarse despois ata os diferentes puntos preseleccionados para esta actividade nos termos municipais de Oia, O Rosal e A Guarda.
Obrigatorio o uso de mascarilla entre os participantes