Entrega de agasallos do sorteo de “Tapearte A Guarda 2016” e dos diplomas do concurso á mellor tapa
Este luns, día 11 de xullo, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello da Guarda a entrega dos agasallos ós participantes da ruta “Tapearte A Guarda 2016” gañadores do sorteo celebrado o pasado xoves entre todos os que lograron selar, polo menos, 12 das 20 tapas que formaron parte da ruta gastronómica.

Parte dos premiados achegáronse ó concello para recoller os seus agasallos e aproveitaron para expresar a boa acollida que tanto comensais como hosteleiros deron un ano máis a esta iniciativa. Ademais tamén deron suxestións para mellorar, aínda máis, esta ruta en vindeiras edicións.
Os premiados no sorteo foron:
Reloxos:
1- Mingos Portela
2- Luis Edu Castro
3- Edna Patricia Moreira
4- Juan Carlos Ozubko
5- Montse Pereira
Baterías portátiles:
1- Melita Dorna
2- Beatriz Estévez
Set de viños:
1- Lucía Lomba
2-Jose Pérez
3- Ada Estévez
4- Afonso Rodríguez
5- Jose Antonio Gil
Despois de dar os agasallos do sorteo procedeuse á entrega do diploma ó vencedor do concurso á Mellor Tapa, que recibiu a votación máis alta dada polos participantes, que foi para o restaurante La Pizzicata. Tamén recibiron cadanseu diploma os establecementos con maior número de votos, quedando empatados Alameda, Anabel e La Pizzicata.
Dáse así por concluída unha nova edición da ruta gastronómica “Tapearte A Guarda”, que cada ano vai ampliando a súa duración, a calidade das tapas e, sobre todo, a xente que se achega para probar as marabillas da cociña guardesa.