O Equipo de Goberno apoia o paro de 2 horas no Día Internacional das Mulleres
O Equipo de Goberno municipal apoiará o paro de 2 horas na xornada laboral convocado para o 8 de marzo, co gaio da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.
No Concello da Guarda, a folga realizarase oficialmente entre as 12:00 e as 14:00 horas. Aquelas persoas que desexen secundala poderán participar na concentración convocada ás 12:30 horas na Praza do Reló, onde membros do Goberno local lerán un manifesto en prol da igualdade entre mulleres e homes.
O acto será aberto e participativo, polo que se convida ás asociacións, comerciantes, veciñas e veciños da localidade a colaborar neste encontro reivindicativo coa lectura dos seus escritos feministas e/ou calquera outra forma de expresión.