Este venres 20 de outubro comeza o “Cinema de outono” coa proxección da película “La chica danesa”, un drama baseado na historia real do matrimonio de artistas daneses formada por Einar e Gerda Wegener. A súa vida deu un xiro cando Einar sustituiu á modelo que a súa muller, Gerda, tiña que pintar. Os retratos comezan a ser un éxito e ela anima ó seu marido a adoptar unha apariencia feminina, o que rematará cunha metamorfosis inesperada.
A cita será no Centro Cultural ás 21 h.