Recuperando a figura do home orquestra, Cé Orquestra Pantasma convírtese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar e entregándose á festa. Así son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía onde o público deixa de ser público para se converter en protagonista.