Inauguración: Venres 27 de xaneiro ás 19:00h.
A artista Nadia Otero realiza a través dos seus óleos unha peregrinación dende Pontevedra ata Santiago de Compostela paralela á que se fai no Camiño de Santiago. Esta viaxe levaranos por diferentes puntos da xeografía galega tan recoñecibles como Sanxenxo e A Toxa, entre outros; todos eles unidos baixo o fío conector da auga, sendo representada mediante o mar e o río.
https://www.instagram.com/nob_art_/