O pintor hiperrealista Arquímedes Artal realiza con esta mostra unha homenaxe á nosa vila, incorporando dentro das súas obras algunha adicada aos nosos paisaxes.
Fillo de pintores, Arquímedes destacou desde neno polas súas habilidades plásticas e foi recolectando premios dende moi novo, destacando o Certame Xuvenil de Artes Plásticas da Xunta de Galicia nas categorías de Debuxo e Pintura dos anos 1984 e 1985. Xa rematados os seus estudos a súa presenza en mostras internacionais e nacionais en Londres, Madrid, Sevilla, Granada o Vigo fíxeronse habituais destacando a Mostra na Fundación Caixa Galicia de Vigo en 2009.