Sábado 16 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Duración: 50 minutos – Público familiar
Abracadaver é un espectáculo de circo terroríficamente divertido. Unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos, unha oportunidade para vivir a experiencia do teatro en familia. En definitiva, un divertidísimo show de rúa para todos os públicos.
A través de Rogelio, un entrañable personaxe de ficción ao que dá vida o actor Dani Blanco, AsSircópatas preséntannos esta delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho… todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver…
ENTRADA DE BALDE ATA CUBRIR O AFORO DA SALA. NON PRECISA INSCRICIÓN PREVIA.