Teatro de actor e monicreques para toda a familia
Readaptación do clásico conto “Xan e as fabas máxicas”. Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York, coidando as plantas da súa terraza descobre algo sorprendente que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.
Cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mistúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil. Esta proposta está pensada para crianzas a partir dos 4 anos.
O acceso é de balde e non precisa inscrición previa.