O 25 de novembro ás 20:30 h no Centro Cultural.
Iphixenia na porta do súper é unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play adaptada a diferentes idiomas. A peza é un monólogo actual que fala das consecuencias dos recortes sociais a través da vida da súa protagonista, unha moza de barrio que pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Interpretada maxistralmente por Alba Caneda, a súa personalidade magnética e directa amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tras as colas de atención primaria, os recorte nas camas hospitalarias e a ausencia de persoal médico.
Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara á sociedade que a marxina.