Visitas guiadas que permiten comprender o valor arqueolóxico deste destacado xacemento. Durante unha visita guiada de 45 minutos os visitantes coñecerán en detalle a Cultura Castrexa e como vivían os habitantes do Trega fai xa máis de 2.000 año. As visitas gratuítas están organizadas do martes 26 ao domingo 31 de marzo en dúas quendas ás 12:00h.
O punto de comezo é a explanada da casa Forestal, a casa en pedra que se atopa despois de cruzar a zona escavada do castro.