Gran recepción real na Casa dos Alonsos
O paseo en cabalgata non se fará por motivos meteorolóxicos
Hoxe chegou o día máis esperado por todos os rapaces e rapazas e por iso, a vila da Guarda, vístese de gala para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar.
Por motivos meteorolóxicos, os Reis Magos non percorrerán as rúas da Guarda na habitual cabalgata, pero si recibirán a todos os nenos e nenas na Casa dos Alonsos.
A partir das 18 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados dunha trintena de paxes e da charanga “Os Zanfonos”, o grupo de gaitas da Terceira Idade e o grupo de baile Xamaraina, celebrarán a Gran Recepción Real.
Neste encontro todos os rapaces e rapazas poderán achegarse aos Reis Magos e estes lles farán entrega dun pequeno agasallo. Ademais hai case 400 quilogramos de caramelos para repartir entre os nenos e nenas.