Horarios do ferry dende o martes 13 ao domingo 18 de setembro
Horarios do ferry Caminha – A Guarda para a semana que vai dende o martes 13 ao domingo 18 de setembro.
A falta de calado debido ás mareas baixas provoca que o ferry non poida navegar. Por esta razón, algunhas viaxes teñen que ser canceladas.
Cada semana confírmanse as saídas garantidas segundo a previsión das mareas. Os horarios deben ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono (+34) 986 61 15 26.
Durante esta semana, dende o martes día 13 ao domingo 18 de setembro os horarios serán os seguintes:
As saídas previstas para este martes, mércores e xoves están aseguradas grazas á mellora da navegabilidade do ferry; excepto as saídas marcadas con asterisco (*)
Pola contra, o venres, sábado e domingo algunha saída pode ser cancelada debido á marea baixa (de mañá) e ata o mesmo día non será confirmada polo patrón. Por iso, para asegurarse, recoméndase chamar ó número de teléfono antes citado do despacho de billetes no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.