Ignacia Cadilla, «a avoa da Guarda», cumpre 108 anos con boa saúde e rodeada da súa familia
O alcalde do Concello da Guarda, Antonio lomba, e as concelleiras Teresa Vicente e Elena Baz, visitaron onte á «avoa da Guarda», Ignacia Cadilla, no día do seu 108 aniversario.
Ignacia recibiu con sorpresa aos representantes municipais e agradeceu en repetidas ocasións a súa visita. «Que Deus vos de saúde, a min xa ma deu» desexou a anciá, á que agasallaron cun ramo de flores, unha torta e unha placa conmemorativa que da conta do décimo oitavo aniversario da que xa é a persoa máis lonxeva do municipio guardés.
Segundo explicaron as súas fillas Charo e Marina, Ignacia goza de boa saúde e mesmo xoga as cartas. «Eu levo a conta cos dedos, pero ela leva todo de cabeza» relata a súa sobriña Concepción, compañeira de partidas.
Aínda que xa non pode saír á rúa, Ignacia acostuma a aproximarse á ventá que dá ao camiño de Hernán Cortés para ver pasar aos veciños e veciñas; «como unha lagarta», engade Ignacia con sorna.
O rexedor e as concelleiras loaron a súa boa forma e humor, e desexaron poder volver visitala para darlle os parabéns nos próximos anos.
Tag:108, Aniversario, Avóa, Iganica Cadilla