Máis de 400 deportistas tomaron o Monte Santa Trega no V Trail do Trega
A Guarda acolleu o pasado domingo día 25 de novembro a quinta edición do evento deportivo «Trail do Trega», que este ano contou con dúas modalidades de competición, a proba «Mergelina 10k» e «Castros Celtas 18k», cun desnivel acumulado de cada unha delas de 650 e 1100 metros respectivamente, ademáis dunha andaina non competitiva.
Para o Alcalde da Guarda este tipo de probas son hoxe en día un importante pulo deportivo, contando con moita implicación e participación, sendo o monte Santa Trega, un espazo natural incomparable para a práctica deste deporte.
Xavier Crespo, Concelleiro de Deportes, destacou que esta é a quinta edición dun evento que se consolida no calendario anual deste tipo de probas deportivas, que esperta gran interese e no que participan un bo número de persoas, una proba que conta co apoio do Concello, cunha aposta decidida polo deporte.
A quinta edición, que contou coa participación de máis de 400 persoas, 100 das cales son de nacionalidade portuguesa, contou ademáis coa presenza de importantes atletas participantes no Campionato Galego de Trial e mesmo na Copa do Mundo de Trial.
Os participantes das probas saíron dende a Alameda da Guarda, sendo a saída da Andaina ás 9:30h, do Trial «Castros Celtas 18k» ás 10:00h e do«Mergelina 12k» ás 10:30h.
A proba «Mergelina 10k» fai referencia ao poboado castrexo de Mergelina, que se ven de por en valor recentemente coas obras de consolidación deste xacemento arqueolóxico, nesta modalidade os deportistas tiveron unha proba máis enfocada a novatos, cun percorrido de 12km de distancia, ideal para iniciarse no mundo do Trail e que contou coa participación dun total de 116 participantes, resultando gañadores en masculino Josué Moreno Lira e en feminino Natalia Leal Ferradas.
A proba «Castos Celtas 18k» contempla un percorrido cun total de 18km de distancia onde os atletas participantes tiveron que avanzar cun percorrido moito máis técnico para deportistas máis experimentados e con zonas máis complicadas, contando coa participación dun total de 166 persoas, resultando gañadores Emilio Montilla Fernández na categoría masculina e María Ferreiro Pérez na categoría feminina.
A maiores realizouse unha andaina non competitiva de 12km de distancia cun percorrido de dificultade fácil e para todos os públicos e que congregou a máis dunha trintena de persoas.
Esta proba estivo organizada por Qualité Sport en colaboración co Concello da Guarda, e as Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos.
CLASIFICACIÓNS:
Tag:A Guarda, Deporte, trail, Trail do Trega