Nova oferta formativa e lúdica da OMIX da Guarda
Para informarse ou inscribirse en calquera destas accións as persoas interesadas poden chamar á OMIX ou poñerse en contacto a través do facebook ou mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986614546.
A OMIX do Concello da Guarda sigue adiante coa programación de actividades de formación e lúdicas previstas para os próximos meses. Os cursos programados son:
Monitor de tempo libre, esta formación desenvolverase durante os fines de semana a partir de finais de marzo. O prezo é de 198€
Smartphone, aliado na busca de emprego, obradoiro práctico e orientado á axuda da búsqueda de traballo. Data realización 31 de marzo de 18:00 a 21:00 horas.
Lineografía: taller de iniciación de gravado. Un obradoiro artístico que tratará de achegar a técnica de gravado as persoas participantes. Datas de realización 5,7, 12 e 14 de abril de 19:00 a 21:30 horas. Prezo 30€
Obradoiro: unha camiseta, tres usos. Obradoiro que segue a filosofía do faino ti mesmo e da reutilización de materiais. Data realización 20 de maio de 19:00 a 21:30 horas