O concello da Guarda amosa a repulsa polos actos de vandalismo contra os adornos de Nadal das rúas
Dende o Concello de A Guarda queremos mostrar a nosa repulsa polos actos de vandalismo acontecidos este pasado mércores de madrugada, onde se esnaquizaron varios abetos que adornan as nosas rúas polo Nadal e tamén foron vítima do vandalismo unhas bandeirolas postas en algúns dos comercios da vila.
Dende o Concello de A Guarda queremos mostrar a nosa repulsa polos actos de vandalismo acontecidos este pasado mércores de madrugada, onde se esnaquizaron varios abetos que adornan as nosas rúas polo Nadal e tamén foron vítima do vandalismo unhas bandeirolas postas en algúns dos comercios da vila. Queremos deixar claro que este tipo de actos son totalmente inadmisibles, incidindo ademais no feito de que os bidóns nos que están as árbores foron pintados polos nenos de A Guarda, e non entendemos como alguén pode xogar así cos sentimentos dun neno. É intolerable.
Queremos ademais, agradecer o traballo dos veciños e veciñas que o día seguinte estaban reparando os desperfectos. Este Nadal 2016 está sendo especial debido a colaboración que existe entre Concello, asociacións de comercio e comerciantes en xeral, asociacións culturais e deportivas e tamén dos nenos, dos coles e dos veciño e veciñas.
Non deixaremos que actos como este nos quiten a ilusión de seguir traballando para que o noso pobo sexa un referente na nosa comarca.
María Elena Baz
Concelleira de Cultura