O Concello da Guarda convoca ós alcaldes do Camiño Portugués da Costa
O Concello da Guarda convoca ós alcaldes dos municipios do Camiño Portugués da Costa á unha reunión este mércores día 11 de maio, ás 12 horas, na casa dos Alonso (Praza do Reló, A Guarda).
O Concello da Guarda convoca ós alcaldes dos municipios do Camiño Portugués da Costa á unha reunión este mércores día 11 de maio, ás 12 horas, na casa dos Alonso (Praza do Reló, A Guarda).
A convocatoria responde á recente inclusión do Camiño Portugués da Costa entre as rutas xacobeas formalmente recoñecidas pola xunta de Galicia na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia aprobada recentemente no Parlamento.
A reunión entre os representantes municipais dos concellos galegos polos que transcorre o Camiño Portugués da Costa busca establecer as estratexias e actuacións dirixidas a divulgar e fomentar este itinerario, que cada vez acada máis importancia e é transitado por un maior número de peregrinos de distintas nacionalidades.