O Coro do Conservatorio da Guarda presentouse este xoves nun concorrido concerto
O pasado xoves día 13 de decembro a Casa dos Alonsos da Guarda acolleu, dentro da Programación de Nadal 2018/19, o Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental da Guarda.
Máis de 200 persoas congregáronse nos baixos do novo Concello para escoitar ós diferentes grupos do Conservatorio facer as súas intervencións musicais, participando os grupos de vento-metal, percusión, clarinetes, gaitas, violíns, e guitarrra acústica, interpretando pezas como “Xogo de Tronos”, “Muiñeira do Chao ou “A Million Dreams”.
Na segunda parte do concerto tiña lugar a primeira actuación do recentemente formado Coro do Conservatorio, formado polos seus alumnos, unha das actuacións máis esperadas por todos e que, sen dúbida, gustou moito aos asistentes que encheron o recinto de aplausos tras cada interpretación.
Entre as cancións interpretadas por este novo Coro destacaron “El Sol brilla grande” de Peter Michel ou “Singing all together” de K. Stannard.
Este foi o primeiro concerto deste Nadal programado dende o Conservatorio de Música Elemental da Guarda, o segundo terá lugar o vindeiro xoves día 20 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural da Guarda.