O grupo local «The Pretty Shirts» presenta o seu último disco cun concerto na Praza do Reló da Guarda
O vindeiro sábado día 24 de novembro ás 22:30h a Praza do Reló será no escenario do concerto de presentación do último traballo discográfico do grupo local «The Pretty Shirts» titulado «A Few Seconds». Este concerto conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello da Guarda.
The Pretty Shirts é unha banda de rock and roll cru e directo que segue a premisa orixinal do garage-rock, gastando todas as enerxías sobre o escenario.
A banda, nada na Guarda (Pontevedra) no 2009, tras varios proxectos dos seus compoñentes, xurde coa única premisa de crear rock and roll e percorrer canto escenario sexa posible
En outubro de 2011 inician as gravacións de estudo para o seu primeiro EP de presentación «So Good To Be Right Here» recibindo unha moi boa resposta por parte do público.
En Xuño de 2014 publican un single de dous temas titulado «Ain’t No Another Love Song» e despois de rodar por múltiples escenarios con este single, en abril de 2015, gravan o seu primeiro LP homónimo en Baixo Miño estudios. O disco conta con 8 temas nos que, por unha banda, se mira a enerxía do seu directo e pola outra, o lado máis sosegado da banda.
En outubro de 2018 presentan «A Few Seconds» da man de Clifford Records. Un álbum conceptual composto por 11 cancións onde The Pretty Shirts falan do imprevisible camiño que transcorre entre o primeiro e puro amor, pasando por noites escuras, euforia, erros, penitencia e situacións de superación ata que a gran verdade debe ser afrontada.
Compoñentes:
Miguel Castro – Guitarra y coros
Miguel Domínguez Lomba – Voz
Manuel González – Percusión y coros
Álvaro Vázquez – Bajo
Artista: The Pretty Shirts
Título: A Few Seconds
Formato: 12″ LP
Cat #: Clifford-130LP
Sello: Clifford Records
Fecha de lanzamiento: 11/10/2018
Tracklist:
1. My Girl
2. I Sink In The Mud
3. Big Muscles Little Brain
4. Madrid City Lights
5. Smoke
6. Can’t Get Enough
7. A Few Seconds
8. Black Coffee
9. Memories
10. Train With No Brakes
11. What I Am
Tag:A Guarda, Concerto, Música, the pretty shirts