Tribunal e datas para a proba do proceso de selección de Peóns para “Limpeza e mantemento de espazos naturais”
Aprobadas mediante Decreto da Alcaldía 0392/2016, de 3 de xuño, as bases para a contratación de cinco persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de RISGA, para a realización da obra ou servizo denominado “Limpeza e mantemento de espazos naturais”, confinanciada polo Fondo Social Europeo, dentro do programa operativo “Adaptabilidade e Emprego”,
Aprobadas mediante Decreto da Alcaldía 0392/2016, de 3 de xuño, as bases para a contratación de cinco persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de RISGA, para a realización da obra ou servizo denominado “Limpeza e mantemento de espazos naturais”, confinanciada polo Fondo Social Europeo, dentro do programa operativo “Adaptabilidade e Emprego”,
RESOLVO:
1.- Nomear o seguinte Tribunal Cualificador ( Grupo mixto):
Presidente: Don. José Luis Gil Vicente, Funcionario do Concello (Titular); Don Juan Antonio Taboada Veiga,cabo xefe da policía local do Concello de A Guarda (suplente).
Secretaria: Dona Julia María Carrasco González-Alegre, secretaria do Concello da Guarda (titular); ou funcionario que legalmente o substitua.
Vocais:
Don José Ángel Fernández Rodríguez, representante da Consellería de Traballo (titular); Don Jesús Montero Villar, representante da Consellería de Traballo (suplente).
Dona Soledad Rodríguez Crespo, Traballadora Social do Concello de A Guarda (Titular); Don Ángel Álvarez Vicente, persoal de servizos do Concello de A Guarda (suplente).
Don José Mª Álvarez Álvarez, funcionario do Concello de A Guarda (titular); Don Hermelindo Martínez González, persoal laboral do Concello de A Guarda (suplente).
Dona Ana Llorca Maneiro, Interventora do Concello da Guarda (titular); Dona Mª Emilia Fernandez Rodríguez, tesoureira Acctal. do Concello da Guarda (suplente).
A constitución do tribunal terá lugar o día 21 de xuño de 2016, ás 8:30 horas.
A realización da proba práctica terá lugar o 21 de xuño de 2016, ás 8.30 horas, na nave da Sangriña (2ª Transv. Bechos).
A realización da entrevista terán lugar o 21 de xuño de 2016, ás 11:00 horas, no salón de plenos do concello da Guarda (praza do Reló nº 1).
Finalizada a entrevista, levarase a cabo a valoración de méritos.
2.- Publicar a presente resolución no taboleiro de Anuncios do Concello de A Guarda.
A Guarda, 8 de xuño de 2016
O Alcalde,
Antonio Lomba Baz