Último día da campaña de entrega dun Receitario na Praza de Abastos da Guarda
Este sábado, día 11 de xullo, remata a Campaña de entrega dun Receitario que foi impulsada polo concello da Guarda, en colaboración cos praceiros e praceiras da localidade, durante as últimas semanas tres semanas.

A campaña deu comezo o pasado 27 de maio como actividade complementaria á “Quere o teu mercado”, iniciativa creada pola Xunta de Galicia con motivo da celebración este sábado 28 de maio do Día Internacional do Mercado.
Dende ese día 27 de maio e ata o sábado día 11, todos os que mercan algún produto na Praza de Abastos reciben dúas receitas cada fin de semana, unha o venres e outra o sábado. O Receitario se comporá dun total de 6 receitas para ser elaboradas con produto local e de tempada, que se completarán coa última entregada ós que merquen na Praza de Abastos este sábado.
Agradécese a todos os veciños e veciñas a boa acollida que tivo a iniciativa. Ademais dende o Concello da Guarda anímase a que acudan este sábado para completar o Receitario no día do peche dunha campaña que buscaba dinamizar e poñer no foco de atención a labor dos mercados locais.